NORMAS DE AULA:
- Atendemos ás indicacións da profesora.
- Respectamos a sinal pactada para gardar silencio e os momentos de traballo en silencio.
- Comenzamos a traballar unha vez que todos os membros do grupo teñen unha tarefa asignada.
- Resolvemos os conflictos a través do diálogo.
NORMAS DE EQUIPO:
- Escoitar as ideas dos demais. (20/10/15)
- Facer as tarefas encargadas polo coordinador do equipo. (20/10/15)
- Falar respectuosamente. (20/10/15)
- Respectar as opinións e as ideas dos compañeiros. (20/10/15)
CARGOS:
- Coordinador/a: Carla.M.
- Axudante: Daniel.L.
- Historiador/a: Sergio.S.
- Motivador/a: Alex.A.
FUNCIÓNS:
- Coordinador/a (Carla.M.): Coordina as sesións de traballo. Aparte de realizar os seus cometidos, encárgase de que todos os membros do equipo teñan unha tarefa asignada antes de comezar a traballar.
- Axudante (Daniel.L.): Aparte de realizar os seus cometidos, axuda cando é necesario noutras tarefas (especialmente ao historiador/a e ao motivador/a).
- Historiador/a (Sergio.S.): Aparte de realizar os seus cometidos, observa como e quen fai cada tarefa. Os últimos dez minutos de cada sesión escribe un resumo obxectivo no diario de sesións. O diario ten que recoller o reparto de tarefas (tamén se hai tarefas pendentes para a seguinte sesión e quen as realiza).
-Motivador/a (Alex.A.): Aparte de realizar os seus cometidos, observa que todos os membros do equipo falen asertivamente entre eles (empatía, escoita activa...), no caso de detectar pasividade ou agresividade ten que intervir favorecendo e propoñendo alternativas positivas.
Blog de aula: http://enestadodemocratico.blogspot.com.es/